Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Ás veces salvarnos nós é o único xeito de salvar o mundo

                 Estabamos tranquilos, cada un á súa, era o tempo da vendima e moitos andaban nela ou preparábanse para comezala ata que de súpeto, a golpe de notificación, saltou a nova de que un foco de lume comezaba na pequena aldea de Lornís, en Pantón. Setembro era un setembro atípico, moitas veces por eses días chove e non é a primeira vez que nas beiras do Cabe arroia mentres se senten as bombas e as retretas do San Miguel de Rosende. Pero desta vez dábanse as condicións do famoso 30-30-30 (humidade, temperatura e velocidade do aire). Eu estaba na viña comezando a vendimar as primeiras cepas de mencía mentres o fume o envolvía todo cando de súpeto dun momento a outro o cheiro mudou, comezou a sentirse como o da madeira recen queimada. Así que collín o teléfono para preguntar se andaba cerca e dixéronme que non me preocupara, que o lume non pasara de Seragude. A realidade era ben distinta, a inversión térmica fíxoo arrincar en dive...

Publicacións máis recentes